XA TEMOS CAUSAS FINALISTAS!
Estas son as seis causas solidarias co planeta elixidas polo noso comité de sustentabilidade entre as máis de 6.000 achegas recibidas no segundo certame de Nomen Earth:
Promover e divulgar a defensa do Delta do Ebro fronte ao cambio climático
Proxecto Plantabosques, onde as voluntarias e voluntarios levan a cabo actuacións de reforestación en zonas afectadas por diferentes causas
Árboles contra el cambio climático en Granada, agrupación de voluntariado que realiza labores de reforestación con especies autóctonas
Projecte Rius, onde as voluntarias e voluntarios se involucran na conservación dos ríos da súa zona
Programa da asociación Submon de conservación das especies mariñas emblemáticas do Cabo de Creus
Proxecto SOS Anfibios Aragón, que fai pozas para criar, no medio natural, a distintos tipos de anfibios gravemente ameazados
As causas finalistas foron elixidas segundo os seguintes criterios:
Número de votos obtidos. Viabilidades das causas para executar un proxecto de recuperación que teña un impacto positivo real. Necesidades a nivel xeográfico e posibilidades de alcance social
Estas seis causas solidarias pasan a unha segunda fase de votacións que comezamos hoxe, 10 de xuño, e que se prolongará ata o 31 de maio de 2022. A causa que obteña o maior número de votos nesta fase gañará o 100 % dos beneficios obtidos pola venda do produto Nomen Earth 2021.
En caso de empate, será o comité de sustentabilidade de Nomen Earth quen adopte a decisión final, sen posibilidades de apelación posterior.
Dito isto, animamos a todas e a todos a votar pola causa que consideren máis urxente requira axuda inmediata. Participar ten premio! Cada quince días, o equipo de Nomen Earth sorteará un lote de produtos Nomen.
SORTE!