Participa - Nomen Earth

TEMOS GAÑADOR!

CONCURSO DE DESEÑO NOMEN EARTH 2021

Presentámosvos o deseño gañador do noso segundo certame de packaging de Nomen Earth. Parabéns, ALSACIA PLAZ, a túa achega foi a máis votada entre as seis finalistas e, polo tanto, o premio de 1000 € é teu.

Este deseño será a base da imaxe final do novo envase de Nomen Earth 2021, que se atopará nos puntos de venda dende mediados de setembro ata xuño do ano vindeiro.

O noso equipo de deseñadores xa se puxo mans á obra para adaptar o deseño gañador ás particularidades técnicas do envase. Máis adiante, amosarémosvos a imaxe final do produto para que o podades identificar doadamente nos andeis do voso punto de venda habitual.

Lembrámosvos que o 100 % dos beneficios das vendas deste produto destinaranse a financiar a causa medioambiental elixida por voto popular a través do concurso de propostas.

Agradecémosvos de novo polas vosas achegas, participación e talento, que fixeron que o equipo de Nomen Earth manteña a ilusión nun proxecto que ten por obxectivo devolver á terra o moito que nos da.

GRAZAS!

#TuGranitoDeArrozPorElPlaneta