EDICIÓNS ANTERIORES
A iniciativa Nomen Earth naceu en 2019 co propósito de unir esforzos a favor do medio ambiente, crear un produto de todos para todos, investindo o 100% dos beneficios obtidos das súas vendas en financiar accións a prol do medio ambiente.
Para realizar este ambicioso proxecto, o primeiro paso foi crear un comité de sustentabilidade liderado polo prestixioso naturalista Jose Luis Gallego.
máis de 1.000 deseños recibidos
O segundo paso foi organizar un concurso de ideas para a embalaxe de Nomen Earth a través da web nomenearth.es, para que todo o mundo puidese enviar os seus deseños e propoñer accións medioambientais ás que destinar os beneficios. Unha iniciativa que tiña como recompensa 1.000 € para o mellor deseño e lotes de produtos para os participantes.
máis de 5.000 propostas
Entre as máis de 5.000 accións medioambientais propostas polos usuarios, o comité de sustentabilidade escolmou 8 para sometelas a votación popular a través da web.
Unha vez pechado o proceso de votación, os consumidores decidiron que os beneficios da gama Nomen Earth debían destinarse á recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas do Mar Menor.
Os 25.000 € recadados coas vendas do arroz Nomen Earth destinaranse a un dos proxectos prioritarios da asociación de naturalistas ANSE no Mar Menor: a recuperación da biodiversidade acuática nas salinas de Marchamalo ou o tratamento, a través dun filtro verde, das augas con elevado contido de nitratos de orixe agrícola que chegan á lagoa.